Pinceladas musicais

Pinceladas musicais, sons de cores...plástica e música xuntas neste blog, onde desfilan actividades, imaxes e o que vaia xurdindo no día a día...

Visitas


Samaín e a plástica


CURSO 2015/2016
E este é outro dos traballos de plástica que fixeron os nenos polo samaín. A idea tomámola "da porta de sexto". Fixemos o mesmo en papel!




Un mural con referencias ao outono e ao samaín ambienta este ano a entrada ao cole! E coidado coa araña que se instalou nunha esquina do teito... Pinchando AQUÍ podedes ver máis fotos.


Vemos tamén unha pequena exposición dalgúns traballos realizados polos nenos de distintos cursos na hora de plástica.



















CABAZAS
Pinchando nestas fotos podedes ver máis ideas de como decorar cabazas en papel.



CURSO 2011/2012
Nesta ocasión, un gran castelo branco pintado sobre unha tela negra situado no corredor, obrigábanos a pasar baixo a súa porta para acceder á biblioteca.

CURSO 2009/2010
Para celebrar estas datas fixemos unha adptación teatral do conto "Indo para o Samaín". Aquí tedes unhas imaxes onde podedes ver como se disfrazaron de mazaroca, cabaza, vento, follas de carballo... Se pinchades nelas ampliaranse.