Pinceladas musicais

Pinceladas musicais, sons de cores...plástica e música xuntas neste blog, onde desfilan actividades, imaxes e o que vaia xurdindo no día a día...

Visitas


sábado, 17 de xuño de 2017

Coidado, tiburón, á vista...!

Aquí vos queda o novo traballo de escritura creativa dos nen@s de 5º.
AQUÍ ÁLBUM DE FOTOS

venres, 16 de xuño de 2017

Baile dos Sete saltos

A piques de rematar o curso os alumn@s de quinto fixeron esta danza típica de Dinamarca chamada "Os sete saltos"

domingo, 11 de xuño de 2017

BRAVO UXÍA!

Esta entrada é unha homenaxe a Uxía polo seu esforzo coa frauta. Aí queda este vídeo para que todos vexades o ben que o fai e sobre todo o interese que puxo practicando estas pequenas pezas de frauta. Bravo Uxía!

Ring, Ring...!

Aproveitando cds que xa non servían, os nenos de primeiro fixeron este traballiño na hora de plástica. Un simpático teléfono "dos de antes".
AQUÍ ÁLBUM DE FOTOS










Facendo pallasos

A piques de rematar o curso un dos últimos traballos que fixeron os nenos de 1º foron estes simpáticos pallasos. Para iso tiveron que colorear, recortar e doblar para darlles forma. Así de bonitos quedaron!
AQUÍ ÁLBUM DE FOTOS

Facendo pallasiños by Slidely Slideshow

luns, 5 de xuño de 2017

Artistas de sexto

Hoxe quero adicar esta entrada as alumnas de sexto Antía, Aurora, Diana e Noelia que tiveron a iniciativa de facer nos seus ratos libres unha bonita decoración para a porta da súa clase.







luns, 22 de maio de 2017

Debuxo en perspectiva

Así de bonitos fixeron Eva, Nayra e Carmen estes debuxos en perspectiva...