Pinceladas musicais

Pinceladas musicais, sons de cores...plástica e música xuntas neste blog, onde desfilan actividades, imaxes e o que vaia xurdindo no día a día...

Visitas


Día da Paz

CURSO 2015/2016
Imos ir preparando algunhas cousiñas para o día da Paz. Déixovos as dúas cancións que imos cantar nas vindeiras clases, xa sabedes, letra e música.
solo con tres letras....mp3

AHORA MÁS QUE NUNCA - ¡C@ntamos Contigo! - Alejandro Abad.mp3







Con esa mensaxe os alumnos e alumnas de terceiro fixeron este cartel na hora de plástica.


CURSO 2014/2015
As camisetas que todos poñemos de cando en vez tamén poden ser portadoras de mensaxes de Paz. Só é cuestión de deixar voar a imaxinación e saen cousas coma estas. Se pinchades na imaxe vedes máis fotos.

CURSO 2013/2014
Con orixinais paraugas quixemos deixar as nosas mensaxes de Paz desta vez. Cada clase elaborou o seu e demos forma a unha exposición do máis lucida!
CURSO 2012/2013
Nesta ocasión un tren é o encargado de transportar as mensaxes de Paz deste ano. Cada clase deseñou o seu vagón e o día da celebración colocáronse no seu lugar correspondente ata formar o tren que vedes nas imaxes. Máis fotos se pinchades nas imaxes.

CURSO 2011/2012 
Un xardín da Paz no que as flores son as mans dos nenos cheas de mensaxes, foi o deseño do mural escollido este ano para conmemorar esta data. Se pinchades nas imaxes podedes ver máis fotos.