Pinceladas musicais

Pinceladas musicais, sons de cores...plástica e música xuntas neste blog, onde desfilan actividades, imaxes e o que vaia xurdindo no día a día...

Visitas


mércores, 1 de marzo de 2017

Descubrindo planetas!

Fai poucos días, sorprendíanos unha noticia que falaba dun descubrimento dun novo sistema solar formado por sete planetas. O que non saben os astrónomos protagonistas do mencionado descubrimento é que xa os alumnos de quinto os tiñan descuberto antes ca eles. Pero non sete, senon quince! Cada neno imaxinou como sería o planeta que descubrise se tivesen ocasión de facelo. A sorpresa foi atoparnos con esta noticia tan real, mentres levábamos a cabo este traballo cheo de imaxinación. Aquí tedes os resultados.