Pinceladas musicais

Pinceladas musicais, sons de cores...plástica e música xuntas neste blog, onde desfilan actividades, imaxes e o que vaia xurdindo no día a día...

Visitas


martes, 31 de xaneiro de 2017

BICOS POLA PAZ

Onte 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e non violencia. Cantamos a canción "Un beso redondo" todos xuntos no pavillón, e despois cun paracaídas lanzamos bicos ao aire dentro duns globos. Cada neno reventou un globo e leu a mensaxe escrita nos bicos uns días antes. Pasámolo xenial. Aquí vos deixo o vídeo coa canción, e algunha foto que podedes ver premendo AQUÍ.