domingo, 23 de outubro de 2016
ESCRIBINDO A MÁQUINA
O traballo que vedes nesta entrada levouse a cabo nas áreas de lingua galega, plástica e música polos alumnos de quinto de E.P. O primeiro que fixemos foi escribir un texto literario sobre o mar. Unha vez corrixido fixemos unha montaxe cunha máquina de escribir, un escritorio e un flexo que pintamos, decoramos, recortamos e pegamos. O seguinte será traballar en Música a obra de Leroy Anderson "A máquina de escribir" (déixovos o musicograma que traballaremos na aula). Aquí podedes ver o video coas imaxes dos traballos. Quedaron xenial!
