Pinceladas musicais

Pinceladas musicais, sons de cores...plástica e música xuntas neste blog, onde desfilan actividades, imaxes e o que vaia xurdindo no día a día...

Visitas


martes, 15 de marzo de 2016

A ritmo de "lacasitos"

A profe Lourdes acábanos de regalar aos nenos de primeiro unhas caixas de lacasitos, que se as axitamos soan!. Pois que mellor que usalas como maracas para marcar un improvisado ritmo de negras, corcheas e silencios... E despois a comelos....!