Pinceladas musicais

Pinceladas musicais, sons de cores...plástica e música xuntas neste blog, onde desfilan actividades, imaxes e o que vaia xurdindo no día a día...

Visitas


xoves, 28 de xaneiro de 2016

Enviando Paz polo mundo!

Mañá 29 de xaneiro faremos unha pequena homenaxe ao Día Mundial da Paz, na que cantaremos as dúas cancións que levamos xa días preparando. E como non, xa temos o taboloreiro da entrada "vestido" para a ocasión. Desta vez uns corazóns son os encargados de levar as nosas mensaxes de Paz polo mundo. Así de bonito nos quedou! AQUI máis fotos relacionadas coa Paz