Pinceladas musicais

Pinceladas musicais, sons de cores...plástica e música xuntas neste blog, onde desfilan actividades, imaxes e o que vaia xurdindo no día a día...

Visitas


mércores, 9 de decembro de 2015

Co Nadal ás portas

De novo o cole mudou de "traxe". Agora tócalle poñerse as mellores galas para o Nadal, e grazas aos vosos traballos iso é posible e loce así de bonito. Xa temos as postais no gran taboleiro da entrada, e este ano, como novidade, un alegre poboado con casas e árbores decoran tamén ese espazo. Que traballos tan bonitos fixestes cos conos que levástedes para adornar. Todos son preciosos! Grazas polo voso esforzo. Pinchando AQUI podedes ver máis fotos.

E así traballaban os alumnos de quinto na clase de plástica preparando a súa estrela para a canción que ían cantar no festival.